Obsequios do IEM para estas Festas
Poñemos a vosa disposición todo o catálogo de publicacións e así como unha xeitosa carpeta de serigrafías, obras de artistas miñoranos, para que os teñades presentes á hora de elixir obsequios para estas Festas.
Todos eles froitos da nosa terra e de mans de colaboradores do IEM que con seu esforzo procuran dar a coñecer a riqueza material e inmaterial do no país e nomeadamente do Val Miñor.
Coa súa compra, tamén estades colaborando na continuidade das actividades desta casa, que acada 15 anos de vida por estas datas.
Os pedidos pódense facer a este correo oficina@ minhor.org , no teléfono 986360575, ou directamente na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira, Nº10, baixo – Gondomar), de luns a venres de 18 a 22 horas.
Os nosos mellores desexos para cada un de vos para o novo ano!
Apertas
Descargar catálogo de publicacións do IEM
Descargar catálogo de serigrafías