Presentación do libro “A voz quebrada” na Librería Andel de Vigo.
O vindeiro venres 20 de xuño ás 20:30 horas terá lugar a presentación do libro de A voz quebrada. Da memoria histórica e o terror fascista (IEM, 2014), de Xosé María Álvarez Cáccamo na libraría Andel (Avda. Camelias, 102 baixo, Vigo). Ademais do autor, a presentación contará coas intervencións de Xosé Manuel Beiras (prologuista) e mais Carlos Méixome Quinteiro (IEM).
{jathumbnail off}
Da obra
Tirando da “memoria de poeta” en palabras de Xosé Manuel Beiras, prologuista do libro, Cáccamo percorre dende as súas vivencias como membro dunha familia de represaliados, os tempos do terror franquista dende a sublevación do 36 até a morte do ditador. Período histórico marcado pola execucións tras xuízo sumarísimo do seu avó, o médico republicano de Tui, Darío Álvarez Limeses e o asasinato de Alexandre Bóveda, sobriño deste. O sufrimento familiar continuou co desterro do seu pai Xosé María Álvarez Blázquez e á cadea do seu tío, Darío Álvarez Blázquez. “En Tui –sinala o autor- unha voz bestial pronunciou esta sentenza: <<Perseguiremos aos Álvarez até a terceira xeración>>, a miña”.
Do autor
Xosé María Álvarez Cáccamo (Vigo, 1950) poeta e crítico literario, publicou tamén obra narrativa e teatral, así como literatura para crianzas. Ocúpase ademais na creación de poemas obxectuais e visuais, expostos con regularidade dende o ano 2007. A reivindicación da memoria histórica das vítimas do terror franquista imposto en 1936 exprésase con frecuencia a través da súa obra literaria, xornalística e oratoria.
Etiqueta:La voz quebrada