Presentación do libro “Angrois. O AVE en anacos” do xornalista David Reinero
O vindeiro xoves 13 de marzo ás 20:30 horas teremos a presentación dun libro de recente publicación: Angrois. O AVE en anacos (Praza Pública&Meubook, 2014), autoría do recoñecido xornalista e habitual colaborador do IEM, David Reinero (Nigrán, 1979). Ademais do autor, contaremos coa presenza de Manolo Barreiro (Fundación Praza Pública). Como é costume o acto terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas, Avenida da Feira, 10, baixo, Gondomar.
O libro pode consultarse parcialmente nesta ligazón:http://static.meubook.com/ebook_media/praza/angrois-o-AVE-en-anacos/index.html#4
Entrevista a David Reinero sobre o contido da obra en Praza Pública:http://praza.com/cultura/6478/o-accidente-de-angrois-puido-evitarse-de-varias-maneiras/
Haberá exemplares á venta durante a presentación. Temén pódense adquirir no seguinte enlace:http://www.meubook.com/pg/socialcommerce/Praza
Etiqueta:Angrois