Presentación do libro ” Os nomes do terror”
O vindeiro martes 17 de outubro ás 20:00h, organizado polo Instituto de Estudos Miñoráns, o Auditorio municipal de Nigrán acollerá a presentación do libro “Os nomes do terror” sobre os represores e represión franquista no Val Miñor.
Falarán:
Xosé Lois Vilar. Historiador
Xoán Carlos Garrido. Coordinador do libro
Xosé Álvarez Castro. Co-autor do libro
Marga Romero Lorenzo. Conselleira de Sermos Galiza