Xantar Rosaliano no Pazo da Escola (Mañufe)
O vindeiro sábado 19 de outubro a partir das 13:30h, no marco das homenaxes do IEM a Rosalía de Castro, celebraremos un “Xantar Rosaliano” no Pazo da Escola de Mañufe. O encontro terá como anfitrión o historiador Xavier Castro, que abrirá o acto cunha conferencia sobre a gastronomía na obra de Rosalía e, ao longo da comida, exporá anécdotas e informacións sobre os distintos pratos.
O encargado de amenizar o encontro é catedrático de Historia Contemporánea da USC, especializado en historia da alimentación. Por outra banda, Xavier Castro é autor de varios libros entre os que citaremos A rosa do viño (Galaxia), A lume manso (Galaxia) e A mesa e manteis (Biblos), obras que lle permitiron acadar os premios Álvaro Cunqueiro e Gourmand de Literatura Gastronómica.
O menú será integramente acorde cos alimentos presentes na obra Rosaliana como poderes comprobar no Menú que vai en arquivo adxunto.
Para participar do xantar (de prazas limitadas) hai que facer a respectiva reserva antes do xoves 17 de outubro ás 21:30 horas a través dos teléfonos 680 644 490 e 986 360 575 (de luns a venres de 18 a 22 horas), ou polo correo electrónico oficina@minhor.org . O prezo do xantar é de 30 euros por persoa.