A escritora Marta Dacosta acada un novo premio literario polo seu poemario “Argola”.
Temos o grato pracer de informar que a escritora e membro desta casa, Marta Dacosta acaba de recibir ex aequo o I Premio de Poesía Figurante polo seu poemario Argola. Esta primeira edición organizada pola editorial galega O Figurante Edicións, tamén premiou a obra María da escritora Eli Ríos.
O xurado recoñeceu o valor literario das dúas propostas, salientando a pertinencia da mensaxe dende unha perspectiva feminista, a forza e intensidade das imaxes e o dominio dos diferentes recursos poéticos, así como do idioma, na amálgama que conforma un todo sólido e perfectamente coligado. Ademais, destaca a cantidade e calidade de propostas enviadas.
O premio consta da publicación das dúas obras en volumes independentes, o que se realizará ao longo do presente ano, nunha primeira edición de, como mínimo, cen exemplares, dos que se derivarán os preceptivos dereitos de autor.
Etiqueta:I premio de Poesía Figurante