A illa de San Simón acolleu a homenaxe ás vítimas do franquismo.
A illa de San Simón acolleu este domingo unha homenaxe ás vítimas do franquismo, organizado pola Iniciativa Galega pola Memoria, en colaboración coa Fundación Illa de San Simón, na que participou o IEM. Esta homenaxe enmárcase nas celebracións anuais instauradas a partir do 2006, declarado “Ano da Memoria”.
Os actos nos que participaron máis de 300 persoas incluíron unha visita guiada pola illa, así como actuacións musicais e recitais de poesía, e unha ofrenda floral.



