A mostra NEUSTON Experimento 1 viaxa a Bruselas.
A mostra NEUSTON Experimento 1. Explorando a interfase , se está a desenvolver na cidade de Bruselas, organizada polo Instituto Cervantes e máis o Museo del Mar de Galicia e coa participación de membros do IEM, como o seu coordinador José “Pepe” Pintado.
NEUSTON Experimento 1
“Tomando como metáfora o neuston, que define a comunidade de organismos que viven asociados á superficie, na interfase auga-aire, este proxecto explora a interfase ciencia-arte, suscitando un diálogo no ámbito do mar e das ciencias mariñas en Galicia. O Proxecto Neuston, proposto como un experimento transdisciplinar, estableceu a colaboración entre quince científicos do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e quince artistas plásticos ou literatos. Tomando como punto de partida unha publicación científica, o investigador expuxo ao artista un aspecto concreto do seu traballo, que serviu de inicio a un diálogo a partir do cal o artista realizou a súa proposta.” Tomado de burselas.cervantes.es”
Actividades:
Presentación do Campus Domingo Mar.
Ficha técnica
Obra: 15 dípticos
Coordinador: José “Pepe” Pintado
Cronoloxía: 1998 – 2007
Técnica: Reproducións fotográficas
Tamaño: Varios
Procedencia: Museo Do Mar (Vigo)
Entidades Organizadoras
Museo do Mar de Galícia / Museo do Mar de Galícia
Instituto Cervantes (Bruxelas)
Ligazóns de interese Instituto Cervantes Bruselas
Etiqueta:NEUSTON