• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Novas

      • Inicio
      • Blog
      • Novas
      • A primeira moeda que roubou Pepa a Loba está en Xunqueira de Ambía.
      IMG_0865

      A primeira moeda que roubou Pepa a Loba está en Xunqueira de Ambía.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Novas
      • Data 2 Xuño 2014
      • Comentarios 0 Comentarios

      O xeito de coleccionar obxectos cuxa natureza é “para mirar” e non para “usar” ou “comer” na clasificación clásica foi a semente dos gabinetes, cámaras, teatros ou museum que anexaban o complemento “das marabillas” ou “curiosidades”. Estes termos aludían a mobles acondicionados para exhibir as pezas, habitacións adobiadas con multitudes de “rarezas” e ata edificios completos destinados á custodia e divulgación destes amoreamentos que, dende a antigüidade até a chegada dos museos tal cal hoxe coñecemos, saciaban a curiosidade e fantasías dos públicos. Neste escenario transcorre O gabinete das marabillas de Arxentino da Rocha Alamparte (Xerais, 2014), novela dos irmáns Irene e Rodrigo Pérez Pintos con ilustracións de Ramón Trigo e fotografías de Manuel G. Vicente, Lucas Álvarez e mais José Araújo. Cos irmáns Pintos acompañados de Trigo e logo dunha presentación a cargo de Xosé Ramón García (IEM) compartimos un exquisito faladoiro o pasado venres na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

      A fantástica historia do indiano Arxentino da Rocha Alemparte, protagonista do relato e fornecedor do gabinete, presidiu o acto en dúas caixas de cristal enchidas de “marabillas” que os asistentes tiveron a posibilidade de visitar antes do comezo do coloquio. A primeira falanxe do índice de Inés de Castro, a primeira moeda que roubou Pepa a Loba, o bastidor de costura da muller loba Sabela Menuíña ou o cranio do can de San Roque, todos estaban ou poderían estar alí. Só era cuestión de ser capaces de atopalos. Pequena escolla do gabinete de don Arxentino que ficara nunca visitado en Xunqueira de Ambía, porque a guerra civil impediuno e agora é un tesouro só posible de coñecer nas páxinas desta obra.

      Co reloxo de prata do seu avó nas mans, Xosé Ramón García trazou un descritivo panorama daqueles galegos que, tras anos en terras de ultramar, retornaron cun feixe de historias e aparellos testemuños das terras de acollida. Non todos chegaron con cartos de abondo para transformarse en benfeitores –como don Arxentino- nin fundaron gabinetes coas súas pertenzas, pero sen dúbida estas experiencias enriqueceron o imaxinario da sociedade de finais do XIX e principios do XX.

      A vida “esaxerada” de Arxentino da Rocha Alemparte abre este libro de libros cunha reconstrución  intensa e moi documentada dos escenarios xeográficos e sociais polos que transitaron moitos daqueles viaxeiros, fillos da Galicia rural que en poucos días convertíanse en cidadáns de metrópoles emerxentes como Montevideo ou Caracas, ás veces noutras terriblemente abraiantes como Bos Aires ou Nova York.  No caso de Arxentino, Irene Pérez Pintos achéganos pasaxes da vida do protagonista pola aínda “exótica” e misteriosa cunca do Amazonas, terras e illas do Caribe e o xigantesco e mítico México. Con calor narrativa, trázanos un perfil de don Arxentino, bailarín de tango, camareiro de cabarés e libertario comprometido coas loitas obreiras no marco da consolidación dos Estados – Nación en América.  Todo isto complementado cos debuxos e ilustracións que en relato paralelo constrúe Ramón Trigo e aderezan as reproducións de xornais, fotografías e carteis da época.

      Os “gabinetes de curiosidades, xermolo dos museos contemporáneos” é o segundo libro-capítulo da obra. Froito do traballo de investigación que por máis dunha década desenvolveu Rodrigo Pérez Pintos, licenciado en bioloxía e verdadeiro erudito na evolución destes gabinetes de marabillas. Coa súa compaña percorremos no transcurso do coloquio as máis famosas e interesantes cámaras montadas ao longo da historia. Feito que os lectores poderán gozar de  igual xeito no transcurso das páxinas do capítulo.

      Complementan o libro un inventario “parcial” das pezas contidas no gabinete de da Rocha Alemparte e unha escolma ilustrada de “pezas sobranceiras” con fichas catalográficas. Como este marabilloso universo aínda segue sen posibilidade física de ser visitado, pecha a novela un mapa que lle permitirá ao lector  ter o pracer de percorrer coa súa imaxinación o esquecido Museo das Marabillas de Arxentino da Rocha Alemparte na Xunqueira de Ambía.

       

      IMG_0861
      Rodrigo Pérez (autor), Irene Pérez (autora), Ramón Trigo (ilustrador) e Xosé Ramón García (IEM) na presentación da novela.
      IMG_0864
      Aula de Cultura Ponte de Rosas
      gabinete_das_marabillas
      Capa do libro

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Presentación do novo libro de Xosé María Álvarez Cáccamo en Tui.
      2 Xuño 2014

      Siguiente publicación

      “A voz quebrada” preséntase na Galería Sargadelos de Pontevedra este martes ás 20 horas.
      2 Xuño 2014

      Tamén che pode interesar

      la_sombra_del_oso
      Presentación da obra Entre guerra e pub de La sombra del oso.
      9 Abril, 2018
      logo iem
      Mínima xustificación para un novo logo
      1 Maio, 2016
      Proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro”
      2 Marzo, 2016

      O vindeiro xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro” na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención do autor Diego Casal Ramos, guía da derradeira …

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?