A Universidade de Vigo rende homenaxe a Francisco Fernández del Riego no seu centenario.
O vindeiro luns 4 de marzo a Universidade de Vigo procederá ao descubrimento dunha placa ao pé do pradairo plantado en 2010 na honra de Don Paco del Riego, nos xardíns do Centro de Apoio Científico e Tecnolóxico á Investigación (CACTI) . O acto terá lugar ás 12 horas e contará coas intervencións do vicerreitor Xosé Henrique Costas e o presidente da Fundación Penzol, Alfonso Zulueta de Haz, quen lembrarán a figura do intelectual galeguista, e tamén 1º Doutor Honoris Causa do centro universitario.
Posteriormente, sobre as 13h, terá lugar unha mesa redonda “Lembranza e semblanza de D. Paco del Riego” no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía e Tradución. Na mesma participarán Camiño Noia (catedrática de Filoloxía Galega da U. de Vigo), Malores Villanueva (profesora de lingua galega na U.B.), Ana Mª Fernández del Riego (irmá do homenaxeado), e Francisco Domínguez (director da Fundación Penzol).
A actividade está organizada pola Vicerrectoría da Universidade de Vigo e a Fundación Penzol, e conta coa colaboración de Trabalingua e Comités.

Etiqueta:Centenario de Paco del Riego