• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Novas

      • Inicio
      • Blog
      • Novas
      • Alfredo López “Tokio” , recibirá o premio OSÍXENO 2012 polo seu traballo en defensa da fauna mariña.
      alfredo_lopez_cemma

      Alfredo López “Tokio” , recibirá o premio OSÍXENO 2012 polo seu traballo en defensa da fauna mariña.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Novas
      • Data 12 Decembro 2012
      • Comentarios 0 Comentarios

      A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia(ADEGA) vén de fallar este mércores os premios OSÍXENO e DIOXINA que recoñecen ás mellores e peores actuacións ambientais do ano. Na categoría individual o premio recaeu nun membro desta casa e veciño de Peitieiros Alfredo López (biólogo mariño e especialista en debuxos da fauna )  pola súa defensa do patrimonio marítimo do país, a través do seu labor na Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).

      Nese senso, a acta do xurado informa que o premio foi outorgado ao “ex-presidente da CEMMA polo seu labor pioneiro de máis de 20 anos en defensa dos cetáceos e doutros grandes vertebrados dos mares de Galiza.”

      Nesta 12ª edición dos premios, ADEGA outorgou ademais un premio OSÍXENO, á Plataforma para a defensa da Ría do Burgo, na categoría colectiva, “polo seu compromiso incansábel coa rexeneración e o futuro produtivo desta ría”. Galardón que na edición anterior recaeu na Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro.

      Finalmente, para o premio OSÍXENO DE HONRA foi  nomeada a Plataforma Nunca Máis “polo seu compromiso co ambiente e a dignidade dun país”. Este premio foi instituído no 2009 para subliñar toda unha traxectoria de compromiso co ambiente e a cultura do país, que recibeu nese ano Isaac Díaz-Pardo, en 2010 Xaquín Marín e en 2011 Mini e Mero.

      ADEGA sinala aos peores xestores medio ambientais do 2012.

      Ao mesmo tempo, ADEGA considerou que Manuel Penedo, alcalde do Irixo era merecedor do DIOXINA 2012 na categoría individual: “polo servilismo e desleixo amosados diante da ameaza que para o ambiente e á saúde dos seus veciños representaba a construción dunha incineradora de residuos no seu concello”.

      E a dez anos do Prestige, a categoría colectivo recaeu “nos responsábeis políticos da marea negra do Prestige (Mariano Rajoy, Álvarez-Cascos, Arias Cañete, Aznar, Fernández de Mesa e Jaume Matas) que 10 anos despois non van ser xulgados por converter un accidente marítimo na maior catástrofe ecolóxica da historia de Galiza”.

      Os premios, consistentes nun diploma e unha escultura comemorativa de Nacho Porto entregaranse no decurso da cea de Nadal que terá lugar en Compostela este sábado día 15 a partires das 21:30 no restaurante A Moa (San Pedro 32).

       

       

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Presentación do libro "retallos de GONDOMAR DO MIÑOR".
      12 Decembro 2012

      Siguiente publicación

      O Coro Tradicional Cantares do Brión actuará na clausura do Congreso Valentín Paz Andrade.
      13 Decembro 2012

      Tamén che pode interesar

      la_sombra_del_oso
      Presentación da obra Entre guerra e pub de La sombra del oso.
      9 Abril, 2018
      logo iem
      Mínima xustificación para un novo logo
      1 Maio, 2016
      Proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro”
      2 Marzo, 2016

      O vindeiro xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro” na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención do autor Diego Casal Ramos, guía da derradeira …

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?