Audio da derradeira intervención de Carlos Casares na Casa da Cultura de Gondomar.
O 23 de febreiro de 2002, Carlos Casares visitaba a Casa de Cultura de Gondomar con motivo da presentación dunha humilde publicación das coplas e actas notariais de quince anos enterrando a sardiña na vila de Don Diego Sarmiento. Feito que recordábamos no artigo do pasado 9 de marzo, con motivo do décimo cabodano de Casares, coa promesa de recuperar unha vella cinta que recollía a súa intervención no acto. Hoxe a compartimos.
Preme aquí para escoitar o audio.
Etiqueta:Carlos Casares, O Entroido