• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Novas

      • Inicio
      • Blog
      • Novas
      • Biólogos do CEMMA presentan documental e investigación sobre a caza da balea no IEM.
      cangas-sube-2

      Biólogos do CEMMA presentan documental e investigación sobre a caza da balea no IEM.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Novas
      • Data 17 Febreiro 2015
      • Comentarios 0 Comentarios

      GALICIA NO LOMBO DA BALEA, baixo este título a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños-CEMMA, desenvolveu un proxecto que trataba de recoller e amosar a historia da caza da balea e a importancia que esta actividade tivo para o país. Este proxecto está apoiado economicamente polo Grupo de Acción Costeira 7, Ría de Vigo A Guarda, e consiste na recompilación de documentación sobre a caza da balea en Galicia. Esta segunda edición do proxecto ten como resultado a edición dun vídeo e dunha revista que serán presentados no IEM o vindeiro xoves 19 de febreiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda. da Feira Nº10 baixo).

      O obxectivo principal do proxecto é afondar no coñecemento sobre a historia da caza da balea en Galicia, para destacar a importancia que os grandes cetáceos, como as baleas e o cachalote, tiveron na nosa historia e no desenvolvemento económico e cultural da nosa sociedade. Tamén dignificar o traballo dos baleeiros e do persoal das factorías, minorizando así a fractura social. O proxecto é dirixido polo biólogo da CEMMA Jose Antonio Martínez Cedeira.

      As accións que contemplou o proxecto son:

      1. Recompilación da documentación histórica.

      2. Mostraxes submariñas para a detección e recollida de mostras de ósos.

      3. Creación do Banco de Mostras biolóxicas históricas de baleas e cachalote.

      4. Elaboración de mapas das zonas de captura ao longo da costa galega.

      6. Actividades de divulgación: elaboración dun video e dunha revista.

      O peche das factorías baleeiras no ano 1985 deixou unha sociedade dividida entre os defensores da vida das baleas e dos océanos: ecoloxistas e sectores da sociedade máis concienciados ambientalmente, e os beneficiarios directos da caza empresarios e traballadores dos barcos e factorías. Este peche foi traumático pois era unha postura moi avanzada, dende o punto de vista da conservación dos recursos e do medio mariño, na sociedade dos anos oitenta que non tiña unha ampla sensibilización ambiental e que estaba en pleno desenvolvemento económico. O remate da caza da balea foi unha das primeiras reconversións do sector productivo mariño, mais en realidade quedouse nun simple peche de actividade sen alternativas nin saídas para o tecido laboral das áreas de influencia.

      O vídeo

      Durante 2014 recolléronse moitas horas de gravación das mulleres e homes traballadores de todo o proceso de caza e despece das baleas nas tres factorías galegas: Balea, Caneliñas e Morás, dos técnicos especialistas e dos ecoloxistas do momento. O video realizado reconstrúe feitos a través dos seus protagonistas. O interese do arquivo desta base documental é que co paso do tempo e coa desaparición das persoas, a causa da súa avanzada idade, pérdense estas testemuñas.

      Revista EUBALAENA

      Presentarase ademais o número 14 da revista Eubalaena, nesta ocasión monográfico sobre a caza da balea, recollendo artigos de: Alfredo López, doutor en bioloxía e especialista en mamíferos mariños, Cristina Brito doutora da Universidade de Lisboa e Vera Jordao, ambas especialistas nas baleas e na historia da caza no país veciño, Felipe Valdés, doutor en historia e especialista na historia da caza da balea en Galicia, Alex Aguilar, doutor en bioloxía realizando a súa tese coas baleas cazadas en Galicia e unha tradución, do traballo veterinario na factoría de Balea, de Juan José Pino. O volume acada un alto nivel aportando grande información sobre a época histórica da caza.

      O banco biolóxico de mostras

      Ademais do traballo divulgativo e de recompilación gráfica e de documentación, mediante o proxecto estanse recollendo mostras de ósos das baleas e cachalotes, por unha banda procedentes das factorías do século XX mais tamén da antiga caza que rematou no século XVII. Estas mostras servirán para elaborar traballos de investigación xenética posteriormente, nos que se caracterizará a procedencia das baleas cazadas nas nosas costas, especialmente a balea vasca, cazada dende a época medieval, lamentablemente xa extinguida do Atlántico europeo.

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Carlos Méixome disertará en Pontedeume sobre” “Represión e resistencia en Galiza” .
      17 Febreiro 2015

      Siguiente publicación

      A Sección de Filoloxía e Literatura do IEM convídate a participar da iniciativa: "POR UN GALEGO MELLOR "
      17 Febreiro 2015

      Tamén che pode interesar

      la_sombra_del_oso
      Presentación da obra Entre guerra e pub de La sombra del oso.
      9 Abril, 2018
      logo iem
      Mínima xustificación para un novo logo
      1 Maio, 2016
      Proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro”
      2 Marzo, 2016

      O vindeiro xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro” na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención do autor Diego Casal Ramos, guía da derradeira …

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?