• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Novas

      • Inicio
      • Blog
      • Novas
      • Bruno que terá vinte anos no ano 2030

      Bruno que terá vinte anos no ano 2030

      • Publicado por IEM
      • Categorías Novas
      • Data 11 Marzo 2013
      • Comentarios 0 Comentarios

      Alain Tanner  en 1976 dirixiu a película Jonas qui aura 25 ans en l’an 2000. Vinte e cinco anos mais tarde un profesor de matemáticas, o catalán Ramón Espelt, escribiu Jonás cumplió los 25 : la educación formal en el cine de ficción, 1975-2000. Na película había unha crítica ó sistema escolar que seguía instaurado en Francia despois das protestas de maio do sesenta e oito. No libro hai unha análise de trescentas películas que tratan de escolas, métodos e profesores. Os dous títulos fanme pensar no futuro dos meniños que lles tocou nacer agora en Galicia.

      Estamos no 2013 e Bruno aínda non fixo os tres anos. –Por que choras, Bruno? –Manqueime. –A ver, onde foi? –Aquí, no xeonllo. Bruno está falando coa nai e se fose co pai faríao en catalán. Vive cos seus pais en Vigo e unha ou dúas veces ó ano vai onde os «iaios» en volve falando máis catalán. El di que na gardería hai moitos nenos que so saben falar dunha maneira e que el para algunhas cousas xa sabe tres nomes.  Aprender tanto non lle custou nada, pois a esa idade tódolos nenos teñen moita habilidade para repetir o que oen.

      Os pais de Bruno son fillos dos da xeración do sesenta e oito, son do tempo do Jonás da película de Tanner, son universitarios, saben idiomas e gústalles viaxar. A súa xeración en Galicia puido formarse con certo aprecio e valoración da súa lingua galega e non son poucos os que queren manter ese patrimonio lingüístico que tan ben lles preparou a cabeza para aprender outras linguas europeas e poder transmitírllelo ós fillos

      O próximo curso Bruno encetará a súa educación infantil e terá que someterse á pobreza do monolingüismo na lingua propia de Castela, porque, segundo o decreto de plurilingüismo dos que agora están na Xunta, a lingua propia de Galicia non fai moita falta na educación infantil, nin serve para as matemáticas en secundaria.

      O decreto que regula este raquitismo escolar antipedagóxico foi anulado en parte polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ante os recursos presentados pola Real Academia Galega, A Mesa, Queremos Galego e os sindicatos CIG, CCOO e STEG. O Presidente de Goberno dos galegos quere recorrer estas sentenzas do Alto Tribunal de Galicia ante o Tribunal Supremo en Madrid. Esperemos que a Real Academia Galega, que, presidida polo Doutor Méndez Ferrín, presentou o seu recurso contra o decreto falsamente chamado de plurilinguismo, saiba seguir defendendo a riqueza e saúde lingüísticas das novas xeracións de galegos.

      É triste que tódolos Brunos, e sobre todo os non Brunos, de Galicia poidan ver diminuídas as súas capacidades cerebrais pola ignorancia paterna involuntaria ou pola intentada doma política dun partido no poder. A familia de Bruno espera que cando teña vinte anos, el a maioría dos seus coetáneos, saiban libremente vivir cos seus xeonllos ben postos para non ter que axeonllarse ante os poderes que lles queiran impoñer o seu imperio.

      Nigrán 27 febreiro 2013

      Xulián Maure.

       

      Etiqueta:Bruno que terá vinte anos no ano 2030

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Transcrición da carta enviada pola Xunta de Goberno do IEM ao presidente da Real Academia Galega, Xosé Luis Méndez Ferrín.
      11 Marzo 2013

      Siguiente publicación

      Colaboracións Literarias: “Invernía”, de Alberte Momán
      12 Marzo 2013

      Tamén che pode interesar

      la_sombra_del_oso
      Presentación da obra Entre guerra e pub de La sombra del oso.
      9 Abril, 2018
      logo iem
      Mínima xustificación para un novo logo
      1 Maio, 2016
      Proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro”
      2 Marzo, 2016

      O vindeiro xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro” na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención do autor Diego Casal Ramos, guía da derradeira …

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?