Cambio de periodicidade das nosas Colaboracións Literarias.
Despois de máis dun ano de saídas semanais ininterrompidas, a falta dun número suficiente de traballos recibidos obríganos a revisar a periodicidade que nos propuxemos cando iniciamos esta sección. Abandonamos o compromiso de publicar unha colaboración cada semana pero continuaremos pedindo a participación de todos para divulgar anacos de literatura cada vez que sexa posible, a medida que os vaiamos recibindo. Eliminamos, pois, o corpiño de calquera periodicidade pero continuamos adiante coa ilusión de fornecer os nosos lectores de novas e interesantes Colaboracións Literarias.
Máis de 60 textos e máis de vinte autores ten acompañada esta idea xurdida a inicios do 2013 e que sen falta estivo semana a semana na nosa web. Títulos que permanecerán para a súa consulta e descarga na sección Filoloxía e Literatura/Colaboracions-literarias . Espazo que seguirá a ser fornecido nas condicións anteditas e que como sempre compartiremos a través da nosa web e as redes socias.