Colaboracións Literarias: “Dun lago escuro”, de Marta Dacosta e Tokio.
Nova entrega de Colaboracións Literarias da man da escritora Marta Dacosta e o ilustrador Alfredo López, que adoita usar o pseudónimo Tokio. Agradecémoslles este exquisito aperitivo do libro Dun lago escuro, premio Xohán Carballeira 2013, que acaba de pórse á disposición do público e xa acadou os primeiros postos entre os libros recomendados por dous prestixiosos críticos literarios como son Armando Requeixo (Tabela dos libros. Criticalia) e Ramón Nicolás (Taboleiro dos libros galegos. Caderno da crítica). Magnífica saída que augura un mellor percorrido polas rutas poétuicas do nosos sistema literario. Podedes ver aquí o poema co que nos agasallan.