Deu comezo o Curso de Iniciación á Botánica na Aula de Cultura Ponte de Rosas.
Dimos comezo este luns 21 de abril ao Curso de Iniciación á Botánica Práctica a cargo do profesor Xosé Ramón García. Coa participación de 14 inscritos, desenvolveremos un programa dividido en 4 sesións co obxectivo de adquirir un coñecemento básico sobre as distintas especies vexetais e familias de plantas do Val Miñor.
Cada sesión terá lugar na Aula de Cultura Ponte de Rosas e constará dunha presentación teórica (ata 45 minutos) seguida dun descanso de 5-10 minutos e unha parte práctica (aprox. 45 minutos), os días 21, 22, 28 e 29 de abril (20,00 horas).
Compartimos imaxes da primeira xornada.
Etiqueta:Curso Botánica