Emisión en directo da Xeira Marítima do IEM pola Ría de Baiona: unha primeira experiencia.
Foi a primeira vez, e como tal aparellaba un cúmulo de desafíos a enfrontar, técnicos e humanos ao longo do percorrido. O equipo dirixido polo noso compañeiro Pedro Telmo de K12 Comunicación, instalou cámara e micros. Trasladáronse polo barco na procura das mellores vistas que xunto cos relatos do noso guía Xosé Lois Vilar, comezaron a chegar a un centenar de persoas espalladas polo mundo. No mesmo intre, co sabor do “vivo”.
A medida que os usos horarios en América e o mundial de futbol deron trégua, o total de visualizacións do día rematou con 300 espectadores conectados dende España, Bélxica, Arxentina, Noruega, Portugal, Reino Unido, Suiza, Alemania, Andorra, Irlanda, Turquía e Estados Unidos. A día de onte, xa baixo demanda, o marcador situábase en 625 espectadores en total.
As dificulatades técnicas propias desta tecnoloxía veñen dada polas comunicacións e colocar o punto de emisión en constante movemento, que pese aos cortes das zonas de sombra no paso pola Porta, entre Monteferro e As Estelas, foron quen de acadar a atención das persoas que seguiron en directo o solpor dende as Cíes, pese a que o experimento non tivo a difusión necesaria e moita xente non coñecía o feito.
Descrubirmos que a dificultade engadida de soster cámaras con operadores e dispositivos con vento Norte, enriba dunha nave que menea, vai boa! . E que a voz de Xosé Lois tamén engaiola en cámara.
Seguiremos traballando para mellorar e expandir a experiencia. De momento, para os que estiveron e tamén para os que non, deixamos a gravación da ruta.
Próximamente os fotógrafos de 1punto1 fotografía e Ollomol tamén sacarán á luz as súas fotografías durante a ruta.
Vídeos da emisión