• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Novas

      • Inicio
      • Blog
      • Novas
      • Este domingo non hai curro na Valga.
      currodetorrona

      Este domingo non hai curro na Valga.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Novas
      • Data 9 Maio 2012
      • Comentarios 0 Comentarios

      Xa é oficial. Este ano non se vai celebrar no Val Miñor e Oia ningún curro de cabalos. Ante a negativa da Xunta de Galicia a negociar unha saída razoable para a identificación e control dos cabalos salvaxes, as asociacións de propietarios de cabalos do monte e os organizadores dos curros, decidiron non celebrar ningún curro este ano. O que xa víñamos comentando de que, de seguir cos plans da Xunta, a situación ía ir a peor, confírmase.
      A non celebración dos curros de este ano supón, a máis dunha gran perda económica e patrimonial para moita xente, a perda dunha festa moi arraigada nas nosas xentes, que aínda en situacións peores, como as que se deron perante a guerra civil, foron quen de organizar os curros como sempre se fixera. Son moitos os que van botar de menos esta festa, mais lembremos que non só estamos a falar dunha festa, que como moitas outras da nosa terra, xurdiron do traballo colectivo dunha xente que aproveita para se divertir e para organizar tarefas necesarias para o colectivo que de outro xeito non se lograrían facer. As festas comunais, certas romerías ligadas aos ciclos das colleitas, vendimas, sementeiras etc, están aí dende hai centos de anos como o resultado dunha evolución progresiva no xeito de compartir tarefas e tamén alegrías, que necesitan dese labor colectivo para se realizar. Agora, chegados a este punto do século XXI é unha administración que di velar polos intereses de todos, a que coa falla de diálogo e polo camiño da imposición, obriga aos organizadores dos curros e aos propietarios de cabalos, a tomar unha decisión moi dura para os intereses de todos, e máis para o patrimonio natural e cultural do noso país.
      Non só van deixar de celebrarse os curros, van deixarse sen control, indefinidamente, tódolos animais que ata o de agora o tiñan, ; sen seguro e sen desparasitar. E, se seguimos así, en pouco tempo, tódolos animais que consigan sobrevivir, estarán sen marcas e sen ninguén que se responsabilice dos estragos e desfeita que poidan facer no monte e nos pobos limítrofes. Desaparecerá a Asociación de Propietarios de Cabalos do Monte da Groba, as organizacións dos curros de A Valga, Morgadáns e do Galiñeiro e ninguén se responsabilizará do que poida pasar.
      Non estamos a perder unha festa, estamos a perder algo de nós, do noso patrimonio máis galego, que nos queren eliminar caladamente, dicindo que hai que identificar e organizar os cabalos do monte. Nós tamén o vimos dicindo dende hai moito tempo: hai que organizar e regular a vida dos cabalos do monte, pero protexéndoos, non extinguíndoos ou converténdoos en animais cativos de selección. Iso é outra cousa.
      Este próximo domingo tocaríalle a quenda ao primeiro curro do ano, o curro de A Valga. Non se vai a celebrar. Xuntaranse no curro os propietarios dos cabalos, para manifestar a súa queixa e a súa protesta e denunciar publicamente a tódolos que se acheguen ata alí os por qué de este paso tan pouco desexado, mais inevitábel.

      Etiqueta:Curros Val Miñor

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Uxio-Breogán Diéguez, presenta un novo número da Revista de Historia Murguía no IEM.
      9 Maio 2012

      Siguiente publicación

      Acto homenaxe no Val Miñor a Valentín Paz Andrade no Día das Letras Galegas.
      14 Maio 2012

      Tamén che pode interesar

      la_sombra_del_oso
      Presentación da obra Entre guerra e pub de La sombra del oso.
      9 Abril, 2018
      logo iem
      Mínima xustificación para un novo logo
      1 Maio, 2016
      Proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro”
      2 Marzo, 2016

      O vindeiro xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro” na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención do autor Diego Casal Ramos, guía da derradeira …

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?