Estrea oficial do álbum “Monte Galiñeiro” dos Irmandiños de Vincios.
Monte Galiñeiro, o álbum que rexistra 16 dos mellores temas da banda Os Irmandiños de Vincios será presentado oficialmente este sábado 17 de novembro ás 22 horas no Centro Cultural de Vincios.
Monte Galiñeiro é moito máis cunha recompilación dos temas que Os Irmandiños ofrecen nas súas frecuentes visitas aos escenarios folc de Galicia. Os nove temas propios, produtos creativos de Javi , reflicten as vidas e historias dos homes e mulleres que habitan e habitaron ese cacho de país con corazón musical que é Vincios. Proba diso e a foliada Festa dos canteiros, onde na súa letra os Irmandiños recrean as andainas destes mestres da pedra que encheron Galicia coas súas obras. A peza recolle unha festa tradicional do oficio, que celebrábase en Vincios cada 3 de maio.
Noutra peza, Xota para Chicho, a banda homenaxea ao gaiteiro Secundino de Chandebrito, mestre que deixou a súa pegada na zona e responsable da introdución da cana, na orquestación dos Irmandiños de Vincios.
O artellar de cada peza amosa unha faciana que identifica ao grupo: a súa paixón e respecto polo patrimonio musical do que son portadores. Pescudas históricas de músicas e cantigas, moitas delas recollidas da tradición oral, son logo recreadas paseniño á luz do estilo interpretativo dos Irmandiños.
Os Irmandiños de Vincios.
A agrupación naceu cunha tradicional formación gaiteira (dúas gaitas, tambor e bombo) entre os anos 2004 e 2005. Co tempo, a banda foi mudando algúns dos seus integrantes, ata chegar nos últimos catro anos á formación actual:
Rosa (Vincios) saxo soprano, percusións varias e voz.
Paula (Vincios) percusión.
Ana (Vincios) clarinete e percusión.
Gonzalo (Vincios) Bombo con platos.
Ismael (Vincios) Acordeón diatónico e voz.
Félix (Vigo) gaita, percusión e voz.
Javi (Vincios) tamboril, percusión , voz e arranxos.
Moreno (Coruxo) gaita e voz.
Todos eles vencellados na actualidade ou no pasado a outras expresións musicais da parroquia como a Banda Musical de Vincios (Rosa, Ana, Ismael, Javi e Paula) ou o Coro Tradicional Cantares do Brión (Ismael, Rosa, Moreno e Félix).
Ficha técnica de Monte Galiñeiro
Gravación: Muu! Estudos (Vigo). Entre o 27 de febreiro e o 5 de maio de 2012.
Técnicos de son: Pali e Pedro Feijóo
Deseño Gráfico: David Rodríguez (Vigo)
Ilustracións: Paula (Irmandiños de Vincios)
Texto presentación: Xosé Manuel García Crego (Coro Tradicional Cantares do Brión)
Post Produción: InqueDanzas Sonoras (Vigo)
Productor Executivo: Xusto Molejón – Irmandiños de Vincios.
Etiqueta:Monte Galiñeiro