Faladoiro do historiador Xavier Castro sobre “O Cocido de Cunqueiro”.
Dentro do programa “Fin de semana con Cunqueiro”, terá lugar un xeitoso faladoiro titulado “O cocido de Cunqueiro”, con Xavier Castro (catedrático de Historia Contemporánea da USC e especialista en historia da alimentación). O mesmo terá lugar o sábado 9 de marzo ás 13 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas. O convidado será presentado por Gonzalo Navaza (IEM).
Posteriormente –e para quen queira participar- degustaremos un “Cocido de Cunqueiro” no Pazo da Escola. Para participar do xantar hai que facer a respectiva reserva antes do xoves 7 de marzo ás 12 horas a través dos teléfonos 680 644 490 e 986 360 575 (de luns a venres de 18 a 22 horas), ou polo correo electrónico oficina@minhor.org. O prezo do xantar será de 25 euros por persoa.
Etiqueta:Fin de semana con Cunqueiro