• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Novas

      • Inicio
      • Blog
      • Novas
      • II Encontro de Coros Tradicionais “Cantares no Miñor”.
      cartel_cantares_minor_2013_

      II Encontro de Coros Tradicionais “Cantares no Miñor”.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Novas
      • Data 18 Xaneiro 2013
      • Comentarios 0 Comentarios

      -Sábado, 26 de xaneiro, ás 20,00 horas, en Baiona, no Auditorio Municipal V Centenario.
      – A Coral DE Ruada (Ourense) intervirá como invitada desta segunda edición do Cantares no Miñor. A presentación estará a cargo de Leo de Matamá.

      Logo do éxito do I Encontro celebrado o ano pasado no Auditorio Lois Tobío de Gondomar, o Coro Tradicional Cantares do Brión prepara a súa segunda edición, esta vez no Auditorio Municipal V Centenario da vila de Baiona. Se no I Encontro acudiu ao Val Miñor o coro Cantigas e Agarimos, de Santiago de Compostela, nesta ocasión será a tamén histórica agrupación Coral De Ruada quen nos visite. En 2011 foi Cántigas da Terra, da Coruña, quen estivo na presentación oficial de Cantares do Brión, en Vincios, realizando o apadriñamento desta formación.
      O repertorio de cada coro é, fundamentalmente, de orixe popular, a base de foliadas, alalás, pandeiradas, maneos aínda que tamén se anuncia que haberá pezas de nova creación, sempre con base na música tradicional de Galicia.
      A organización do evento corre a cargo de Cantares do Brión, e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Baiona.
      A entrada é de balde, até completar aforo.
      Coral de Ruada
      A Coral de Ruada foi fundada no ano 1918 polos ourensáns Fabriciano Iglesias, Xabier Prado “Lameiro”, Xulio Prieto Nespereira, Virxilio Fernández e Cesáreo Eire. Presentouse no Salón Apolo de Ourense o día 24 de xuño de 1919 e en Madrid en 1920.
      O seu primeiro director foi o mestre Daniel González, con quen visitou América do Sur en 1931 e, con outras agrupacións galegas, representou a Galicia na Feira Internacional de Chicago en 1934.

       

       

      {youtube}38Qk1UJF5Iw{/youtube}

       

      Este coro ten actuado na práctica totalidade dos pobos, vilas e cidades de Galicia, nas máis importantes cidades da península Ibérica, en Francia -onde participou nos festivais de Lorient e Quimper- e viaxou en tres ocasións a América, actuando en Arxentina, Brasil, Uruguai, EE.UU. e Venezuela.
      Desde a súa fundación, ten realizado numerosas gravacións de discos en distintas casas discográficas; a última, “Sempre De Ruada”, realizouse en 2005. En decembro de 2006 presentouse o CD “Coro De Ruada: escena coral galega” coa recuperación das primeiras cantigas gravadas nos anos 1929 e 1950. Ademais, dende 1926, ten participado en diversos filmes e vídeos..
      Na súa andaina, Coral de Ruada recibiu moitos galardóns e distincións, destacando entre elas a garabata da bandeira doada pola S.M. D. Alfonso XIII; a Placa de Ouro do Centro Galego de Buenos Aires (1931); Bandeira do Concello de Ourense (1954); Medalla de Ouro da Provincia de Ourense (1984); Pedrón de Ouro (1990); Medalla de Galicia (1992); Medalla de Ouro do Liceo Recreo Ourensán (1994); Medalla de Ouro da Cidade de Ourense (1994); premio “Manuel Lorenzo”, na súa primeira edición, do Real Coro Toxos e Froles do Ferrol (2002); Medalla de Ouro “Gaiteiro de Soutelo” (2007); Premio IAR (2008); Medalla de Ouro “Marcial del Adalid” da Real Academia Galega de Belas Artes “Nosa Señora do Rosario” (2009).
      Na actualidade centra o seu labor na difusión dos temas folclóricos galegos e polifonía galega e Dende o ano 2002 preside a Xunta de Goberno da coral Eladio Quevedo Almoína.
      Compoñen o gurpo actualmente, 44 voces mixtas e 7 instrumentistas (gaita, percusión, zanfona, piano e órgano) baixo a dirección de Xoán Antón Vázquez Casas.
      Coro Tradicional Cantares do Brión.
      O Coro Tradicional Cantares do Brión, do Centro Cultural de Vincios (Gondomar) constituíuse formalmente en marzo de 2010. Recoñécese continuador dos coros tradicionais que a finais do século XIX e comezos do XX resultaron fundamentais para o rexurdimento da cultura galega.

       

      {youtube}8MH57sn0HKc{/youtube}

      Entre os seus propósitos principais está a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional, asumindo aquelas palabras que Valentín Paz Andrade colocou no seu libro Galicia como tarefa: “Témo-la obriga de manter a tradición cultural recibida, anovándoa e actualizándoa; de engrosar o seu caudal coas nosas voces, coa parcela de verdade por nós conquistada, co recendo do noso tempo… para transmitilo todo aos nosos fillos.”
      Baixo a dirección de Pablo Rial Salgueiro e presidido por Xosé Manuel García Crego, o Coro Tradicional Cantares do Brión está integrado na actualidade por 65 persoas, a maioría delas do Val Miñor, fundamentalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, Baixo Miño, Pontevedra ou Vigo.
      No seu repertorio de pezas tradicionais e de autor destacan as pandeiradas, foliadas, maneos, muiñeiras e alalás.
      Algunhas das actuacións máis recentes e destacadas foron: Acto de clausura do Congreso Valentín Paz Andrade (Pazo de Congresos, Pontevedra, decembro 2012), XIII Xornadas de Danza e Música Tradicionais Galegas (Auditorio Mar de Vigo, outubro 2012), VI Certame Internacional de Coros De Ruada (Teatro Principal, Ourense, xuño 2012), XXII Homenaxe ao Gaiteiro (Centro Cultural Novacaixagalicia, novembro 2010).

       

      Etiqueta:Cantares no Miñor

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      TERTULIA do IEM: A mediación familiar medra como instituto xurídico e social alternativo ao proceso xudicial.
      18 Xaneiro 2013

      Siguiente publicación

      O Departamento de Filoloxía Galega rende homenaxe á profesora Camiño Noia Campos.
      22 Xaneiro 2013

      Tamén che pode interesar

      la_sombra_del_oso
      Presentación da obra Entre guerra e pub de La sombra del oso.
      9 Abril, 2018
      logo iem
      Mínima xustificación para un novo logo
      1 Maio, 2016
      Proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro”
      2 Marzo, 2016

      O vindeiro xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro” na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención do autor Diego Casal Ramos, guía da derradeira …

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?