III Andaina Pola Protección da Serra do Galiñeiro
Amigas e amigos do IEM. Dende a Plataforma Pola Defensa da Serra do Galiñeiro, convidámosvos a todas e a todos, desde a xente maior ata os pequenos e pequenas da casa, á III Andaina. Nesta ocasión realizaremos un novo percorrido, que denominamos a Ruta da Auga, a desenvolverse o vindeiro domingo 13 de maio. Comezará ás 10:30 da mañá no aparcamento do campo de fútbol de A Pasaxe.
Ao final:
-Lectura manifesto a cargo do escritor Manuel Rivas.
– Lectura de poemas a cargo de: Pepe Caccámo, Iago Castro, Silvia Penas, Oriana Méndez e Anxo Angueira.
-Actuacións Musicais de Tino Baz, Cantareiras do Alba e Leo Arremecághona.
Para descargar o díptico da andaina: Preme aquí
Para descargar o cartel divulgativo: Preme aquí.
Etiqueta:III andaina polo galiñeiro