Intervención do grupo de cordas e voces “Son do Val” no espectáculo “A ROSALIA”.
-Presentamos o vídeo da intervención do grupo de cordas e voces Son do Val cunha introdución poética das escritoras Marta Dacosta e Rexina Vega durante o espectáculo A ROSALIA.
O grupo de cordas e voces Son do Val está integrado por músicos afeccionados principalmente da nosa bisbarra, cunha traxectoria de xa moitos anos. Neste momento participan del quince persoas cunha dirección colexiada.
Durante o encontro literariro-musical “A ROSALIA”, interpretaron as pezas Un repoludo gaiteiro e Adiós, ríos adiós, fontes en versións arranxadas polo propio grupo.
{youtube}yqkVzFJmCLY{/youtube}