IV Andaina pola defensa da Serra do Galiñeiro.
O vindeiro domingo 21 de abril terá lugar a IV Andaina organizada pola Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro. Nesta oportunidade baixo o lema Minas! Para que(n)?, co xeito de sumar forzas neste momento onde é preciso facer fronte á “febre mineira” que ameaza o Galiñeiro.
A saída terá lugar ás 10:30 horas dende o Parque Forestal de Zamáns e o percorrido dunhas catro horas (10 Km de nivel medio-baixo) pasará polos sitios onde se proxectan localizar os xeradores eólicos así como pola área onde se prevé realizar as catas de prospección mineira de terras raras.
Ao rematar a andaina terá lugar un espectáculo con música e poesía onde se lerá un manifesto preparado pola Plataforma. No acto intervirán Rexina Vega, Paco Barreiro, Manolo Pipas, Leo i Arremecághona!, Os Carrunchos e o mago Marco. Todo isto no medio dun xantar popular coa comida que traia cada un. Haberá petiscos, empanadas e viandas variadas para quen queira mercar alí.
Etiqueta:IV Andaina