Mércores 30 de xullo: “Noite de Estrelas e Lobos” na Serra da Groba.
Continúan as Xeiras 2014 que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. Esta semana, coa colaboración da Agrupación Astronómica Rías Baixas, para unha “Noite de estrelas e lobos” na Chan da Lagoa na Serra da Groba (Baiona).
Visitaremos un vello foxo de lobos (O Foxo Pedriño) e, coa axuda dos asistentes, daremos caza ao espírito do lobo que metía medo aos vellos habitantes e gando da nosa Serra da Groba. Cando nos pase o susto teremos tempo para que Julio Pereira Neiva, membro da Agrupación Astronómica Rías Baixas –con permiso da climatoloxía- nos ilustre sobre o ceo de verán, no marco da previa ás históricas Bagoas de San Lourenzo (Perseidas).
{jathumbnail off}Dado que parte do percorrido será nocturno recomendamos levar lanternas e, previsoriamente, roupa de abrigo, así coma algún instrumento para facer ruído e escorrentar ao lobo. Non sobrará algunha manta ou toalla grande para pór no chan e poder mirar para o ceo nunha posición cómoda. E, se cadra, bebida quente ( chocolate, café, té, etc).
Detalles da Xeira
• Mércores , 30 de xullo de 2014
• Hora: 21,00
• Saída de Chan da Lagoa.
• Guías: Xilberte Manso (IEM), Julio Pereira Neiva (A.A.R.B.), Xosé Lois Vilar (IEM)
Mapa co percorrido da Xeira