Mesa Redonda sobre ocio e deporte na Serra do Galiñeiro.
A Plataforma pola protección da Serra do Galiñeiro invita á mesa redonda sobre ocio e deporte na serra. O debate versará sobre as posibilidades de ocio e deporte na Serra do Galiñeiro e as repercusións que poderán ter se non se protexe debidamente. Tamén falarase do estado de conservación do medio natural galego dende o punto de vista das persoas que practican actividade física. O evento se realizará n Centro Vecinal e Cultural de Valadares, o xoves día 3 de marzo ás 20:15 h.
Interveñen na mesa redonda:
OSCAR PEREIRO, Gañador do Tour de Francia 2006. SECHU LÓPEZ, Montañeiro. JOSE LUIS ARMADA, Responsable da sección de carreiras e orientación da universidade de Vigo. ALEJANDRO GÓMEZ, Atleta internacional. DAVID GÓMEZ, Decatleta internacional. JOAQUÍN CARRIL, Profesor da facultade de ciencias da actividade física e o deporte do campus de Pontevedra.
Lugar e data de celebración:
Centro Vecinal e Cultural de Valadares, O XOVES DÍA 3 DE MARZO AS 20:15
Etiqueta:serra do galiñeiro