• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Novas

      • Inicio
      • Blog
      • Novas
      • Miñor dos Sobranceiros: Frei Manuel Mª Martínez O.P.
      capa_gran_calumniado

      Miñor dos Sobranceiros: Frei Manuel Mª Martínez O.P.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Novas
      • Data 8 Agosto 2014
      • Comentarios 0 Comentarios

      Segundo consta na “Acta de Nacimiento”, ás once da mañá do día catro de xaneiro de 1892 comparece no Rexistro Civil de Baiona Xosé Martínez, sen segundo, natural da vila, de trinta e sete anos, casado, mariñeiro, domiciliado na rúa Ventura Misa número 55, para inscribir un neno que naceu na súa casa o día dous, ás nove da noite. O neno é fillo lexitimo seu e da súa dona Xosefa González, sen segundo, tamén da vila, de trinta e catro anos. E vén sendo neto de Soledad Martínez e Vicenta González, tamén veciñas da vila, e avós descoñecidos. Pónselle de nome Manuel Silvestre José. Acompañan o pai tres mariñeiros coma el, tamén da vila, dous como testemuñas e os outros para firmar por non saber el.

      As “Actas del Capitulo Provincial de la Provincia de España de la Orden de Predicadores celebrado en León, en el Convento de la Virgen del Camino del 2 al 27 de julio de 1978” dano como nado o 31 de decembro de 1891, día de San Silvestre, o que xustificaría o segundo nome. O primeiro de xaneiro celébrase o nome de Manuel e o terceiro, sen dúbida, por ser o nome do pai. Tamén se xustifican as datas, coa marxe que se daba para facer o rexistro, e aínda así parece que ou a celebración da festa do fin de ano ou a necesidade de ir ao mar retrasaron o rexistro.

      Foi Baiona a vila que primeiro coñeceu a nova do éxito da expedición de Cristóbal Colón na viaxe de descuberta das Indias Occidentais, ao arribar no seu porto a carabela “La Pinta”, ao mando do mariño Martín Pinzón. Este acontecemento influíu, sen dubida, na inclinación do Frade Martinez por un dos personaxes mais controvertidos do posterior asentamento dos españois na nova terra descuberta, Frei Bartolomé de Las Casas, ao que lle dedicaría os seus estudos, constituíndose en paladín contra as acusacións que deron lugar á chamada “Leyenda Negra”, que tanto contribuíu ao desprestixio da España daquela época e que aínda hoxe segue marcando a opinión dalgúns foros españois ou hispanoamericanos.

      Viviu e pasou a súa xuventude en Baiona xunto co seu irmán Xosé, tamén sacerdote, e mais unha irmá. Cursou os estudos primarios, mais pronto a vocación relixiosa lévao a ingresar, con 17 anos, en maio do ano 1909, no Colegio de San Juan Bautista de la Orden de Predicadores de Corias da veciña rexión de Asturias, facendo un ano máis tarde a Profesión Simple, no mesmo Convento, e a Profesión Solemne no ano 1913 no Convento de San Esteban de Salamanca. Ordénase Presbítero no ano 1915 e ao rematar os estudos de Teoloxía en 1918 é destinado ao Convento de Nuestra Señora de Las Caldas de Besaya na provincia de Santander, permanecendo alí dous anos.

      Máis tarde, en 1928, volve para Galiza ao Convento de San José de Padrón, dedicándose á predica e demais ministerios sagrados, pero é a partir dese intre cando se interesa e desenvolve os estudos sobre a figura do Padre Frei Bartolomé de Las Casas, amosando, o ano seguinte, a primeira comunicación arredor do Padre Las Casas no Congreso de Historia Hispano-Americana celebrado en Sevilla.

      No ano 1930 trasládase ao Convento de Nuestra Señora de Atocha de Madrid. Desde aquí viaxa a Centro América, onde permanece o tempo de 4 anos, exercendo un intenso labor de misións apalpando as repercusións e as secuelas das vivencias do Padre Las Casas.

      Á súa volta, ao Convento de Atocha, exerce as funcións de organista, ao tempo que publica dous artigos sobre o Padre Las Casas na revista “Ciencia Tomista” cos títulos “Las Casas Historiador” e “Valor Histórico de la Brevísima Relación de la Destrucción de las Indias”, e intervén no XXVI Congreso Internacional de Americanistas celebrado en Sevilla no ano 1935.

      Ao estalar a desgraciada “guerra civil”, os milicianos invaden o Convento, do que logra fuxir a refuxiarse no Hotel Laris de Madrid. Neste tempo atravesa grandes dificultades, pero el achaca ás súas relacións derivadas dos estudos sobre o Padre Las Casas “el haber salvado a vida”. Encontrase no mesmo Hotel seu amigo o Secretario da Legación de Guatemala, que coñecera na época da súa estancia en Centro América; o amigo procuroulle un documento que o facía empregado da Legación de Guatemala, o que lle permitiu a libre circulación por Madrid. Tamén coñeceu e estableceu unha grande amizade co Secretario da Embaixada de Cuba, D. José Mª Chacón y Calvo, e co Cónsul do devandito país, e así poder axudar a moita xente, chegando, incluso, a obter pasaportes estranxeiros cos que lles salvou a vida a varias persoas. Unha delas foi o Padre Manuel Suárez, que logo chegou a ser Maestro General de los Dominicos, para o que acadou do Cónsul de Cuba un pasaporte cubano.

      Estas actividades acaban traéndolle complicacións que o fan fuxir de Madrid para Valencia e Francia en outubro de 1937, permanecendo en Marsella e París desde onde fai incursións a Barcelona, dende o 19 do Nadal ao 13 do xaneiro de 1938. Volve a París de novo e no mes de febreiro pasa á zona dominada polos chamados “nacionalistas”, acolléndose no Convento de San Pablo de Valladolid. Dende alí pasou en varias ocasións á nomeada “zona roja”. Existe unha lista das persoas favorecidas e as axudas económicas que recibiron pola súa mediación, e aínda despois do final da guerra liberou a varios da pena de morte e de cadea.

      Entre os anos 1939 e 1959, o seu ministerio desenólvese nos Coventos de San Pablo de Valladolid, San Esteban de Salamanca, onde profesara, de novo en San José de Padrón e posteriormente en Santo Tomás de Aquino, na rúa Cañizares de Madrid. Máis tarde pasa a ser capelán das Madres Dominicas de Casalarreina, Logroño, e o seu derradeiro acougo foi no Convento de Santo Domingo de Caleruega, Burgos, para dedicarse na súa vellez, dunha maneira exclusiva, á oración e ao estudio.

      No ano 1955 edítase a súa obra “Fray Bartolomé de las Casas. El Gran Calumniado” na que analiza as calumnias que personaxes como Marcelino Menéndez y Pelayo, Ramón Menéndez Pidal, Manuel Serrano y Sanz, Padre Constantino Bayle ou Romulo D. Carbia verteran sobre el, igual que pasou no XXVI Congreso Internacional de Americanistas celebrado en Sevilla no ano 1935.

      E no ano 1958 “Fray Bartolomé de las Casas. Padre de America” no que defende este alcuño polos seus méritos no novo mundo.

      Pasaba tempadas de verán xunta seu imán que seguía vivindo na casa da rúa Elduayen nº 1. O baixo dese predio arrendárao no ano 1904 Ramón Naveira Rodríguez, casado cunha dona chamada Verísima, para montar unha tenda de abastos. Unha filla deste matrimonio, tamén chamada Verísima e que continuou co negocio, non tivo fillos e seguindo o consello do frade, co que tiña unha cariñosa relación familiar, adoptou un neno que el lle recomendou.

      Era un extraordinario afeccionado á música –tanxía o harmonio, tendo exercido funcións de organista- e moi amigo doutro ilustre miñorán, o músico Germán Lago ao que lle dedicou un moi sentido recordo no seu pasamento. De carácter aberto e alegre, que mantivo até a fin dos seus días, orixinado por un cáncer no pulmón, o 14 de novembro do ano 1975.

      Escribiu:

      1952 – Valor histórico de la Destrución de las Indias

      Ciencia Tomista, LXXIX pp.441-463

      1955 – Fray Bartolomé de las Casas. El Gran Calumniado

      (Apasionado y exhaustivo alegato en defensa de Fray Bartolomé de las Casas).

      Imprenta La Rafa -Abtao,8 Madrid

      1958 – Fray Bartolomé de las Casas. Padre de América

      (Estudio biográfico-critico)

      Imprenta La Rafa – Abtao,8 Madrid

      1968 – REVISTA DE INDIAS, “Instituto Gonzalo Fernández de Oviedo”,

      Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Madrid, tomos

      XXVIII y XXIX, 1968 y 1969, núms. 111-118.

      1968 – Tomo XXVIII, 1968

      FRAY MANUEL MARÍA MARTÍNEZ, O. P., Cuestiones discutidas

      acerca de Colón expuestas o juzgadas por Las Casas, págs. 303-322.—

      En este trabajo el autor demuestra la autenticidad de la Historia de

      las Indias de Fray Bartolomé de Las Casas, en lo “tocante a la vida

      de Cristóbal Colón”, transcribiendo lo que dice el Padre Las Casas

      1974 – Las Casas, Victoria y la bula Sublimis Deus

      Ed.Estudios sobre Bartolomé de Las Casas, Sevilla

      Bibliografía:

      Actas del Capitulo Provincial de la Provincia de España de la Orden de Predicadores celebrado en León, en el Convento de la Virgen del Camino del 2 al 27 de julio de 1978

      XXVI Congreso Internacional de Americanistas(1936)

      Etiqueta:Miñor dos Sobranceiros

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Corenta e nove obras concorren ao VII Premio de Poesía Victoriano Tabio – Entidade Local de Morgadáns.
      8 Agosto 2014

      Siguiente publicación

      Xeira do IEM: Parada na Idade Media centrada na figura do cabaleiro Suerio Iáñez.
      11 Agosto 2014

      Tamén che pode interesar

      la_sombra_del_oso
      Presentación da obra Entre guerra e pub de La sombra del oso.
      9 Abril, 2018
      logo iem
      Mínima xustificación para un novo logo
      1 Maio, 2016
      Proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro”
      2 Marzo, 2016

      O vindeiro xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro” na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención do autor Diego Casal Ramos, guía da derradeira …

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?