Nace Xproject, unha nova revista dixital con cheiros miñoranos.
Xproject, unha nova proposta dixital con cheiros miñoranos acaba de aparecer co seu primeiro número no ciberespacio. Cunha clara aposta pola linguaxe visual, a revista convídanos a percorrer os atractivos mundos do viño e a gastronomía, a literatura e os viaxes, da man dun equipo de redacción coordinado polo fotógrafo Juan Chamorro (Nigrán).
O coordinador desta revista dixital é Juán Chamorro (28 anos, Panxón), estudante e futuro bodegueiro pero aferrado fotógrafo de afección. Colaborador de varias publicación -entre elas a recentemente editada retallos de GONDOMAR DO MIÑOR-, Juan ten algúns fitos máis que salientables na súa curta carreira como que a prestixiosa revista de fotografía dixital e de tirada internacional Digital Photo Magazine escollera o seus traballos sobre o Val Miñor para un número especial.
Cunha periodicidade mensual, a revista pode descargarse gratuitamente no seguinte enderezo : http://revistaxproject.blogspot.com.es/
Tamén está dispoñible en ISSU e na rede Facebook.
Etiqueta:Xproject