O Coro Tradicional Cantares do Brión actuará na clausura do Congreso Valentín Paz Andrade.
O Coro Tradicional Cantares do Brión actuará na clausura do Congreso Valentín Paz Andrade, organizado pola Real Academia Galega, a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra. O mesmo terá lugar este sábado 15 de decembro ás 13:30 horas no Pazo de Congresos de Pontevedra.
No repertorio, interpretarase a peza “Tríadas do vento no mar”, con letra de Valentín Paz Andrade, do libro Sementeira do Vento, e composta a “encarga” do mestre Miguel Anxo Mouriño co xeito da celebración do Día da Letras Galegas 2012 no Val Miñor. A música é de Luís Correa “O Caruncho” e os arranxos para coro son do director do coro, Pablo Rial.
{youtube}8MH57sn0HKc{/youtube}
Etiqueta:cantares do brion