O Coro Tradicional Cantares do Brión en Baiona
O Coro Tradicional Cantares do Brión ocupará o escenario na praza do Concello de Baiona, o mércores, 17 de xullo, a partir das 11:00 da noite.
No repertorio, pezas históricas tradicionais e outras de nova creación, entre elas “Has de cantar”, con letra de Rosalía de Castro (Cantares gallegos) e música do director do coro, Pablo Rial Salgueiro. Tamén, a “Jota da Ponte”, con letra de Rosa Hervella e música do corista Antón Silva.
Tamén interpretarase “Casto Sampedro”, tres pezas nunha, extraídas do cancioneiro de Casto Sampedro, con arranxos de Pablo Rial e acompañamento de zanfonas, gaitas e percusión.