O fiscal superior de Galicia, Carlos Varela impartirá unha conferencia sobre “A corrupción sistémica”.
Carlos Varela, fiscal superior de Galicia, impartirá o vindeiro xoves 13 de xuño unha conferencia sobre “A corrupción sistemática”, dentro do ciclo de coloquios que organiza o Instituto de Estudos Miñoranos. O acto se desenvolverá na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avda da Feira, 10 baixo, Gondomar) a partir de las 20:30 horas. Ao finalizar o faladoiro se abrirá un debate no que poderá participar o público asistente. O fiscal Carlos Varela será presentado polo director do IEM, Carlos Méixome.