• Coñécenos
    • Que é o IEM
      • Xunta Directiva
      • Normativa
      • Estatutos do IEM
      • Asambleas
      • Facerse socio/a do IEM
    • Historia do IEM
    • Relacións con organismo e institucións
  • Seccións
    • Arqueoloxía
      • Petróglifos
      • Xacementos – Escavacións
      • Rutas arqueolóxicas
    • Patrimonio
    • Memoria histórica
      • Causas militares
      • Consellos de guerra
      • Cine e memoria
    • Toponimia
    • Proxecto Equus
    • Biblioteca
      • Rexistros bibliográficos
    • Arquivo
    • Linguística e literatura
      • Puga
    • Teatro
  • Actividades
    • Sala exposicións
    • Proxectos pedagóxicos
    • Xeiras
  • Publicacións do IEM
    • Outras publicacións
    • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@
    IEM
    • Coñécenos
      • Que é o IEM
        • Xunta Directiva
        • Normativa
        • Estatutos do IEM
        • Asambleas
        • Facerse socio/a do IEM
      • Historia do IEM
      • Relacións con organismo e institucións
    • Seccións
      • Arqueoloxía
        • Petróglifos
        • Xacementos – Escavacións
        • Rutas arqueolóxicas
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
        • Causas militares
        • Consellos de guerra
        • Cine e memoria
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
        • Rexistros bibliográficos
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
        • Puga
      • Teatro
    • Actividades
      • Sala exposicións
      • Proxectos pedagóxicos
      • Xeiras
    • Publicacións do IEM
      • Outras publicacións
      • Revista do IEM
    • Acceder
      • FACERSE SOCI@

      Novas

      • Inicio
      • Blog
      • Novas
      • O Foxo Pedriño: Historias e restos arqueolóxicos da caza do lobo na Serra da Groba.
      caza_lobo

      O Foxo Pedriño: Historias e restos arqueolóxicos da caza do lobo na Serra da Groba.

      • Publicado por IEM
      • Categorías Novas
      • Data 30 Xullo 2014
      • Comentarios 0 Comentarios

      Todo o país está cheo de foxos e cortellos para cazar o lobo. A magnitude das obras que hoxe podemos aínda observar, na maioría dos casos, en moi mal estado de conservación, ofrécenos unha información da salientable importancia que tiña a acción do lobo sobre a cabana gandeira. A falla de armas de fogo, a astucia e as lendas, unhas veces baseadas en feitos reais e outras inventadas, fixeron do lobo un inimigo a bater utilizando trampas e enxeños dun gran custo construtivo pero dunha grande utilidade e efectividade. O lobo era cazado e tratado como un fuxido capturado, e expoñíase nun lugar público onde a xente ía velo e deixaba donativos cos que se axudaba a aqueles veciños que tiveran máis perdas polas andanzas do mítico animal. Cóntannos que polo último lobo o presidente da sociedade de caza, alleo á batida que fora organizada polos propios veciños afectados e non polos cazadores, fora multado polas autoridades por matar o lobo e expoñelo como “trofeo”. Ou non sabían ou non quixeron saber que o lobo sempre foi algo máis que un trofeo para as nosas xentes cando era abatido. Aínda sabendo da prohibición de matar os lobos, e ante as perdas sufridas polos veciños nos seus rabaños, a xente acudiu á tradición e fixo o que sempre se acordaba, montar o cordón e darlle caza. Din as xentes da Groba que os lobos eran cazados nos últimos tempos, e baixábanse a Baiona, Gondomar ou Nigrán enriba dos capós dos coches para que a xente os vise. Nos documentos antigos lemos que o lobo era cazado organizando unha montería. O monteiro maior do rei chamaba a montería e ordenaba cando e cantos homes tiñan que asistir por parte de cada aldea ou lugar. Montábase o cordón e íase levando o lobo cara ao foxo onde caía. Alí era axustizado con pedras, forcas e ferros ou feito prisioneiro e levado ata a praza da aldea onde se xulgaba e condenaba como se fose un reo.
      Entre a pedra granítica dos cumes do Campuchán e A Cruz da Calzada pasa a linde leste do Foxo Pedriño, facendo un ángulo duns 100º antes de seguir cara ao sur apuntando para o Castelo de Dona Urraca, O Lousado e A Madanela. 890 metros medidos e visibles dunha parede que moi probablemente tiña uns 200 máis. Cara ao norte, nalgúns lugares parece haber indicios de que así foi, mais non o podemos afirmar. Conserva esteos fincados no chan de 1,60 m de altura e laxes e outeiros colocados de xeito que nalgúns tramos se adiviña a magnitude da obra cun ancho de entre 70 e 100 cm. Parede dobre nalgúns tramos, con cachote asentado en seco, aproveitando as penedías e laxes abondosas do lugar pero, característica salientable, moi grandes e pesadas na maioría dos casos. Vense de pé laxes dunha grande envergadura que se as vísemos illadas parecerían vellas e antigas pedras fitas ou menhires do megalítico. É certo que o material estaba a carón da estrutura que se montou, mais pólas de pé, fincadas no chan, non debeu ser doado nin traballo de poucos homes.
      A parede que mira ao sur, na nacenza, e vai virar para ir paralela ao leste cando chega ao funil no que debeu estar o foxo, ten unha lixeira caída dirección norte sur, e baixa dende unha altitude no Campuchán duns 641 metros ata uns 490 no foxo. Hoxe a base do foxo atópase, probablemente, tapado por unha pista que foi aberta cando se repoboa a Groba con piñeiro por parte do antigo ICONA. Mesmo no seu vértice de confluencia, o lugar chamado Puxeiros, pasou a liña da pista que vai cara ás Tomadas do Ferreiro e as abas do monte do Castelo, paralela á Regueira do Foxo que nace á altura do noso foxo e cae para o sur ata chegar á Regueira das Taramelas. Do vértice do funil sae a outra parede, máis cativa en lonxitude, 310 metros medidos e que, como na anterior, podería ser maior na súa orixe. A súa conservación é máis deficiente pola man da barbarie e desprezo dos que traballando no monte están faltos daquel senso de comuñón coa natureza que lle presumiamos aos nosos devanceiros, habitantes da serra que foron quen de aproveitala para subsistir e traballala sen facer os estragos que hoxe, con máis coñecemento e medios técnicos, se están a facer.
      A parede da cara oeste do Foxo Pedriño, que está na dirección 310º NW, ten unha pequena sinuosidade por mor dos rochedos existentes. Dende o seu remate ollamos cara ao solpor a chanciña que coroa a Boca da Groba, coa Meniña das Chans e a Mámoa do Alto dos Cortelliños, asexando coma dous ollos, unha cara ao norte para A Boca da Groba e as tres regueiras que dan vida ao cantareiro río Groba, A Regueira Escura, A Regueira do Campo do Lobo, e a regueira que vén da Fonte Salgueiro e o curuto do Niño do Corvo. Para a banda do sur asexa milenaria a Meniña das Chans, poesía popular para nomear a mámoa que reparte augas para as regueiras da Tamuxa que, uns cantos quilómetros máis abaixo, se converten no río Tamuxe.
      Historia das “Bágoas de San Lourenzo”
      Calquera afeccionado/a ouviu falar desta choiva de verán. As Perseidas son tamén coñecidas co nome de bágoas de San Lourenzo, porque o 10 de agosto é o día deste santo. Na Idade Media e o Renacemento as Perseidas tiñan lugar a noite en que era lembrado, de tal maneira que se asociaron coas bágoas que verteu San Lourenzo ao ser queimado na fogueira, concretamente nunha grella.
      Para os observadores do hemisferio norte, e latitudes medias, a súa observación pódese facer dende o solpor, pero os de latitudes tropicais han agardar até media noite para comezar a ver os primeiros meteoros. Non é observábel dende o hemisferio Sur. Só nos días arredor do 12-13 de agosto pódese considerar unha choiva importante, cunha actividade variábel, segundo os anos, entre 80 e 120 meteoros por hora. O resto do tempo é moito máis baixa, por volta dos 10 meteoros por hora ou menos.
      Hai referencias da choiva dende hai 2000 anos. As primeiras proveñen do afastado oriente, onde observadores chineses xa rexistraron actividade visual. A órbita da choiva, moi inclinada, preservouna das perturbacións planetarias, e persiste até hoxe en día. No período 1864-1866, Schiaparelli (1871) demostrou mediante cálculos que a órbita de partículas coincidía coa órbita do cometa 1862 III (109/Swift-Tuttle, cunha órbita arredor do Sol de 135 anos). Esta foi a primeira vez que se relacionou unha choiva de estrelas cun cometa. Realmente o que ocorría é que as partículas desprendidas do cometa chocaban coa Terra e se desintegraban na atmosfera.
      Dende entón, foi observada case ano a ano, rexistrándose máximos de actividade variábel, cuxa data exacta non se puido determinar con exactitude ao non traballarse con datos globais, senón observacións illadas, de tal xeito que en moitas ocasións este máximo ocorría de día para un determinado grupo de observadores. Sen dúbida, é unha das choivas máis estudada grazas á época estival na que se produce. Actualmente, grazas aos estudos achegados por afeccionados, as efemérides e localización do radiante son ben coñecidas, pero non así o nivel de actividade que pode ter.

      Etiqueta:Lobo

      • Share:
      author avatar
      IEM

      Publicación anterior

      Colaboracións Literarias: “Xa non queda nada”, de Eva Rodríguez Ferreiros
      30 Xullo 2014

      Siguiente publicación

      Pasamento de Anunciación Valverde
      1 Agosto 2014

      Tamén che pode interesar

      la_sombra_del_oso
      Presentación da obra Entre guerra e pub de La sombra del oso.
      9 Abril, 2018
      logo iem
      Mínima xustificación para un novo logo
      1 Maio, 2016
      Proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro”
      2 Marzo, 2016

      O vindeiro xoves 10 de marzo, ás 20:30 horas terá lugar a proxección do documental “Seguindo os pasos do ouro negro” na Aula de Cultura Ponte de Rosas e contará coa intervención do autor Diego Casal Ramos, guía da derradeira …

      Deixar unha resposta Cancelar a resposta

      O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

      Buscar

      Seccións do IEM

      • Arqueoloxía
      • Patrimonio
      • Memoria histórica
      • Toponimia
      • Proxecto Equus
      • Biblioteca
      • Arquivo
      • Linguística e literatura
      • Teatro

      Contacto

      •   oficina@iem.gal
      •   +(34) 986 36 05 75
      •   Av. Campo da Feira, 10
      •  36380 Gondomar, Pontevedra

      O IEM

      • Que é o IEM
      • Novas
      • Contacto

      Multimedia

      • Cursos
      • Axenda
      • Imaxes

      Axuda

      • Facerse socio/a do IEM
      • Axuda

      Móbiles

      Esta páxina web é compatible coa visualización en terminais móbiles

      • Coñécenos
        • Que é o IEM
          • Xunta Directiva
          • Normativa
          • Estatutos do IEM
          • Asambleas
          • Facerse socio/a do IEM
        • Historia do IEM
        • Relacións con organismo e institucións
      • Seccións
        • Arqueoloxía
          • Petróglifos
          • Xacementos – Escavacións
          • Rutas arqueolóxicas
        • Patrimonio
        • Memoria histórica
          • Causas militares
          • Consellos de guerra
          • Cine e memoria
        • Toponimia
        • Proxecto Equus
        • Biblioteca
          • Rexistros bibliográficos
        • Arquivo
        • Linguística e literatura
          • Puga
        • Teatro
      • Actividades
        • Sala exposicións
        • Proxectos pedagóxicos
        • Xeiras
      • Publicacións do IEM
        • Outras publicacións
        • Revista do IEM

      © 2019 Instituto de Estudos Miñoranos

      • Política de privacidade
      • Aviso legal
      • Política de Cookies
      No apps configured. Please contact your administrator.

      Inicie sesión con su cuenta de sitio

      No apps configured. Please contact your administrator.

      ¿Perdiste tu contraseña?