O IEM presenta, con motivo destas festas, unha edición limitada de 50 carpetas de obra gráfica
Cada carpeta contén cinco serigrafías orixinais, de 68×50 cm., unha de cada un dos artistas: Fernando Casás, Armando Guerra, Fino Lorenzo, Carlos Barros e Lula Goce, estampadas no Taller Villalobos de Serigrafía Artística, sobre cartolina Fabriano Academia de 350gr.
A edición inclúe de cada artista, unha tirada de 50 exemplares, asinados e numerados en arábigos, nove probas de artistas numeradas en romanos e unha proba de taller.
Esta edición, resultado da colaboración desinteresada e xenerosa destes cinco artistas, ten como obxectivo recadar fondos para financiar proxectos futuros de todas as sección que compoñen o Instituto de Estudos Miñoranos. Cada carpeta ofrecese a un prezo de 800 euros.
Etiqueta:serigrafía