O libro “A voz quebrada”, preséntase no marco das xornadas de Memoria Histórica en Bueu.
A Asociación de Amigos de Johán Carballeira organiza dous actos culturais en memoria das vítimas da represión franquista en Bueu. Este venres 26 de decembro ás 20 horas, terá lugar a presentación de A voz quebrada (IEM, 2014), de Xosé María Álvarez Cáccamo. Acto que terá lugar na Sala Amalia Domínguez Búa e contará coas intervencións do autor e mais o director do IEM, Carlos Méixome Quinteiro.
O día domingo 28 de decembro, continuará cunha conferencia titulada “Decembro do 36, cando Bueu estremeceu”, centrada no plan de exterminio dos dirixentes políticos e sindicais de Bueu polo terror fascista. O acto se desenvolverá no Centro Social do Mar ás 12 horas, e contará coas intervencións dos membros da asociación organizadora, Mosteiro, Pablo Pais e mais Xosé Novas.
Estades convidados a acompañarnos nestas actividades.