O Sorriso de Daniel recibe o Premio da Crítica 2012 á Mellor Iniciativa Cultural.
O Instituto de Estudos Miñoranos fai público os seus parabéns ao colectivo cultural O Sorriso de Daniel pola obtención do Premio da Crítica 2012 á Mellor Iniciativa Cultural. Galardón que premia a un “grupo de persoas “apaixonadas” polo patrimonio que buscan implicar aos veciños e veciñas no coidado e defensa do seu, con iniciativas enérxicas, imaxinativas e mesmo provocadoras” en palabras do xurado do Premio que nós compartimos.
Con pouco máis de dous anos e medio de vida, O Sorriso de Daniel foi quen de sensibilizar baixo o lema “O patrimonio coa veciñanza ten maior valor” a través de andainas divulgativas o valor do Románico no conxunto patrimonial do país. Colectivo amigo desta casa, temos feitas algunhas desas saídas en conxunto e seguramente no futuro compartiremos outras.
Unha vez máis: Parabéns, compañeiros!