Pasamento da nai do noso compañeiro Xilberte Manso de la Torre.
O Instituto de Estudos Miñoranos informa aos seus socios/as , amigos/as da triste nova do falecemento da nai do noso querido compañeiro Xilberte Manso de la Torre ocorrido nesta madrugada. Os actos fúnebres terá lugar este mércores día 13 ás 16,30 h no tanatorio das Burgas en Seixalvo, e posteriormente no cemiterio parroquial de Santa Mariña do Monte.