Pasamento de Don Severino Chamadoira.
O Instituto de Estudos Miñoranos informa aos seus socios/as , amigos/as da triste nova do falecemento de Don Severino Chamadoira ocorrido o pasado 27 de xaneiro de 2013.
Don Severino, vencellado á parroquia de Morgadáns, formou parte do grupo de ex alumnos do mestre Victoriano Taibo que participaron activamente na súa homenaxe celebrada no ano 2008 pola Entidade Local de Morgadáns e o Instituto de Estudos Miñoranos . Quedan entre nós as súas verbas e testemuños sobre o mestre Taibo, así como aqueles recitados que obsequiou durante a primeira edición do Premio de Poesía.
Os seus restos descansarán a partir desta tarde no cemiterio da Entidade Local de Morgadáns.
Etiqueta:Chamadoira