Pasamento do artista Antonio Quesada Porto.
O pasado luns 26 de xaneiro tivo lugar na cidade de Vigo o pasamento do recoñecido artista Antonio Quesada Porto (Ourense, 1932). O IEM quere facer chegar as súas condolencias aos familiares e amigos deste veciño e colaborador desta casa. Radicado na cidade olívica dende os anos 60 mantivo residencia no Val Miñor (As Rasas, Gondomar) dende 1977. Hoxe recordamos a súa participación nas actividades culturais que acompañaron “O barco da memoria”, en 2006. Daquela cunha serigrafía (Españolito que vienes al mundo… , 25.5 x 39.5 cm) que integrou a mostra “Nove pintores para a VOLTA DOS NOVE”, xunto cos plásticos Armando Guerra, Pepe Sanjurjo, Caíno, Iván Morillas, Juan Bellas, Alfonso Soliño, Claudio Maseiro e Fino Lorenzo.