Pedido de catalogación de 15 xacementos arqueolóxicos na Serra da Groba
O Instituto de Estudos Miñoranos vén de solicitar a catalogación de 15 minas de ouro romanas na Serra da Groba. As mesmas foron descubertas durante os traballos de campo na recollida de topónimos en terras de Pinzás e Vilachán que está a desenvolver o IEM baixo a dirección do arqueólogo Xosé Lois Vilar.
O achado coincide coa solicitude dun permiso de prospección e sondaxe da zona presentado por unha empresa canadiana, que podería supoñer un grave impacto sobre os vestixios romanos, ademais doutras alteracións na contorna.
Ante esta situación, púxose en coñecemento do Servizo de arqueoloxía da Delegación Provincial de Cultura en Pontevedra, da Xunta de Galicia, ca fin de que se proceda á catalogación destes xacementos.
Compartimos a entrevista que sobre o tema fixo a canle radiofónica Radio Cerna, que desenvolve a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Xosé Lois Vilar na mañá deste luns 22 de xullo.
Preme aquí para escoitar a entrevista

Etiqueta:Mineiría A Groba