Preferir produtos galegos etiquetados na nosa lingua é unha maneira de sermos galegos galeguizados.
{youtube width=”250″ height=”200″}_vqrpfT1Sb0{/youtube}
-Elixir establecementos que se identifican coa nosa identidade é unha boa maneira de pedir que se respecte a nosa lingua nas relacións cos clientes.
Non son poucos os empresarios miñoranos que decidiron hai tempo nomear os seus establecementos na nosa lingua. Non é ningún secreto no eido comercial que os clientes prefiren os lugares onde se “respira” proximidade cos seus hábitos e costumes. Se son turistas, aínda mellor, o autóctono é a maior sedución á hora de elixir os destinos gastronómicos ou de vista . A quen seduciría mercar en Francia obsequios con etiquetas en inglés ou en mandarín?
Nembargante, aínda mantense a costume de etiquetar produtos da terra noutras linguas. A Irmandade Galega de Adegueiros convídanos a través do Foro E. Peinador a non comportarnos como consumidores pasivos e promovamos a galeguización comercial. Respondamos ás propostas que nos fagan en calquera establecemento cun prego rotundo e amable á vez: “Etiquetados en galego, por favor”.
Etiqueta:etiquetas en galego, lingua galega