Presentación da revista ADRA e visita dos socios do MPG ao Val Miñor.
Un feixe de interesantes artigos convidan a mergullarse – case sen reparar no paso do tempo -no 7º número da revista ADRA, editada pola Asociación de Socios e Socias do Museo do Pobo Galego. O exemplar foi presentado o pasado sábado 16 de novembro na Aula de Cultura Ponte de Rosas, no marco do encontro que mantivéramos ambas as dúas asociacións, na que compartimos un xantar e unha xeira polo Val Miñor, da que damos conta nunha escolma fotográfica e vídeo nesta nota.
Nº 7 de ADRA
A reprodución de Meiga, un atractivo óleo do plástico Tono Galán (Compostela, 1967) abre a publicación que a continuación achega oito artigos de investigación e divulgación que abranguen diversas temáticas:
– Sobre as raíces ideolóxicas do nazismo. Falsos e verdadeiros parentescos, de Xosé Manuel González Reboredo.
–Lugares públicos na natureza, de Daniel Beiras Gª Sabell.
–A muller nos textos escolares do franquismo, de Mª Victoria Martíns Rodríguez.
–Da memoria á rúa: a recreación urbana do Apalpador, de Germán Ermida.
–E.T. Leeds escribe a F. Maciñeira: notas sobre os vencellos galegos dun arqueólogo británico, de Xosé-Lois Armada.
–Dúas achegas etnográficas ás terras de Bergantiños e Fisterra sen continuidade, de Manuel Vilar Álvarez.
–Raimon en Galicia, de Xan Fraga Rodríguez.
–Instituto de Estudos Miñoranos: unha ducia de anos creando e divulgando cultura en, e dende, o Val Miñor, de Carlos Méixome Quinteiro.
Por outra banda, a Asociación dispón dunha web onde se poden consultar máis datos así como os números anteriores. Preme aquí.
A Xeira polo Val Miñor en imaxes e nas redes.
{youtube}bGsdFVtMAbw&feature{/youtube}
-Nota e imaxes publicadas na web Roteiros galegos. Preme aquí.