Presentación do libro homenaxe a Javier Alonso Salgueiro e descubrimento de placa conmemorativa.
No marco da homenaxe veciñal organizada na parroquia de Chaín á memoria do seu veciño Javier Alonso Salguerio, este domingo 5 de outubro ás 12 horas terá lugar a presentación do libro Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira.(IEM,2014) e o descubrimento dunha placa conmemorativa. O acto contará coa presenza de familiares e amigos e contará coas intervencións de Javier Alonso Carrera (fillo de Javier), Carlos Méixome Quinteiro (director do IEM), Purificación Martínez (comisión organizadora) e Fernando Guitián Guitián, alcalde de Gondomar.
Javier Alonso Salgueiro. O mozo da bandeira percorre a vida deste destacado veciño impulsor do asociacionismo veciñal, sindicalista e militante político, así como destacado concelleiro en Gondomar a través de tres plataformas veciñais que el organizou. Nas súas páxinas diversos colectivos e persoas vencellados a súa vida reflicten as súas memorias. Completa a obra unha biografía de Alonso Salgueiro, autoría de Carlos Méixome.
A xornada rematará co descubrimento dunha placa conmemorativa do 25 cabodano do seu tráxico falecemento nun accidente laboral. Acompañará o acto o Grupo de Gaitas local.
A comisión organizadora convida á veciñanza da bisbarra a participar dos actos públicos e abertos programados.