“En Galego agora e sempre”
O vindeiro domingo 13 de maio ás 12 horas no cemiterio de Morgadáns, no barrio da Pedra-Gonda, terá lugar o acto da iniciativa “En Galego agora e sempre”. O mesmo enmárcase nunha serie de actividades que se están a desenvolver cara ao fomento e defensa da lingua. Nomeadamente neste caso, a posibilidade que as persoas que así o manifesten podan asinar unha Declaración de vontade de vivir e ser lembrado como galego falante; e unha “Troca das lapides” á lingua galega. No acto -que conta co apoio do IEM- estarán presentes Urbano Esmerode Domínguez (Presidente da Entidade Menor de Morgadáns), Xosé Luía Méndez Ferrín (Presidente da Real Academia Galega), Xoaquín Monteagudo Romero (Presidente da Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia) e Carlos Varela García (Fiscal Superior de Galicia).
Declaración de vontades: Mediante Acta de Presenza, aquela persoa que o desexe, declara perante amigos, parentes, coñecidos, autoridades, institucións públicas, etc, que quer “ser lembrado como viviu: en galego”. E deste xeito transmitir ese patrimonio lingüístico e cultural.
Troca das lapides: Por este acto, dun xeito colectivo, as entidades e particulares convocantes e convidadas, asistirán á colocación dunha lapide no cemiterio de Morgadáns, na que se lembra aos devanceiros que conservaron o idioma galego, e chamando ao resto dos veciños a pór as súas lapides en galego.
Achegamos:
– Acta de Presenza para descargar. Preme aquí
– Invitación. Preme aquí
Etiqueta:lingua galega