Retallos do IEM nunha conversa con Gondomar tv.
Nos pasados días recibimos a visita de Manuel Piñón (cronista) e Pablo Banga (cámara), o equipo que día a día fai Gondomar.tv, unha plataforma audiovisual que dende internet amosa os distintos eidos da vida gondomareña. Na entrevista, Carlos Méixome fai un resumo das actividades e proxectos que o IEM está a desenvolver dende as súas orixes. Dende os primeiros cafés co xornalista Nano Cambeiro que deron pé a idea inicial, pasando pola pegada inspiradora do I Conde de Gondomar, a influencia de Lois Tobío, nomeadamente a través da experiencia senlleira do Seminario de Estudos Galegos.
Unha conversa distendida á vez que profunda na que en 30 minutos achéganos o corazón que latexa tralas portas da Aula de Cultura Ponte de Rosas. A compartimos.
{youtube}0YowXtbjgKY{/youtube}
Etiqueta:Carlos Méixome