Unha análise do federalismo por Xosé Luís Franco Grande.
O avogado e escritor Xosé Luís Franco Grande (Tomiño, 1936) presentou o seu recente traballo editorial Outra política para outros tempos (Editorial Galaxia) o día xoves 16 de xaneiro, na Aula de Cultura Ponte de Rosas. O faladoiro contou cunha intervención previa de Miguel Barros Puente, mestre, licenciado e doutor en ciencias políticas. Centrado nunha reflexión sobre o ideario federalista analizado polo autor na obra, compartimos o vídeo coas intervencións de Carlos Méixome (IEM), Xosé Luís Franco Grande (autor) e Miguel Barros Puente.
{youtube}p_rJNxs_ufs&feature{/youtube}