Unha flor para Gondomar.
Na tardiña de onte, os veciños de Gondomar solicitaban a través dos medios de comunicación que todo aquel que puidese colaborar coa achega de flores para a ornamentación do Corpus o fixese. Aparentemente, as abondosas choivas deste ano deixaron a súa pegada nos cultivos florais e por conseguinte a materia prima é pouca para dar cor ás tradicionais alfombras que cobren as rúas das inmediacións da igrexa de San Bieto na procesión do Corpus. Unha celebración que ten unha significación especial para a vila e todo o concello, máis alá do seu contexto relixioso.
Así se desprende do relato que fai o mestre e veciño da vila condal, Miguel Anxo Mouriño, no libro retallos de GONDOMAR DE MIÑOR. Parece que a tradición chega a Gondomar dende Ponteareas a través do fillo dun garda civil trasladado dende a bisbarra do Condado a estas terras do Miñor polo ano 1959, segundo a memoria do mestre. Engade que o mozo fixo amizade cos rapaces da vila e propúxolles imitar a ornamentacións das rúas con alfombras de Corpus. A idea callou e enseguida se formou un animoso grupo que organizou e liderou a confección dos primeiros tapices.
No libro citado, Mouriño, ademais de brindar un detallado relato dos inicios desta tradición en Gondomar, lembra algunhas das figuras que sobresaíron polo seu liderado e implicación. Nomeadamente, sinala ao sarxento da policía municipal, Diego Viruel, a Ramiro Valenzuela (“Mirucho”) e a Gilberto Vila. Precursores dunha iniciativa que este ano e grazas á solidariedade veciñal que sen dúbida achegarás os pétalos que fallan, cumprirá 54 anos.

Etiqueta:retallos de Gondomar de Minhor