Xeira do IEM por Mañufe: das Escolas Pro Val ao Pazo de Moldes.
Este xoves 17 de xullo terá lugar unha ruta dende as Escolas Pro Val ao Pazo de Moldes, no marco das Xeiras do IEM. O punto de encontro será na sede do IEM (Aula de Cultura Ponte de Rosas, na Avenida da Feira, nº10, baixo, Gondomar), ás 17:30 horas. Coa guía do arquitecto Antonio Soliño e o historiador Carlos Méixome, coñeceremos antigos camiños, construcións senlleiras civís e relixiosas localizadas na parroquia de Mañufe, aínda tamén na veciña Vilariño en territorio de Nigrán. Para participar só é necesario estar no punto de encontro sinalado ás 17:30 horas, sen inscrición previa.
Achegamos un folleto informativo para descargar e imprimir cos detalle da vista así como unha guía dos principais espazos patrimoniais que integran o percorrido. Preme aquí.