As obras de Victoriano Taibo
Con motivo da homenaxe a Victoriano Taibo celebrada en 2007, o Instituto de Estudos Miñoranos reeditou a obra de Victoriano Taibo Da agra aberta e un número monográfico da Revista de Estudos Miñoranos dedicada ao autor obxecto da homenaxe na que se recollen traballos de José Luís Alonso, Paco Fernández Rei, Marta Dacosta, Manuel Forcadela, Mercedes Queixas, Armando Requeixo, Miguel Anxo Mouriño, Alonso Montero, Antonio Valverde, Carlos Méixome e Iago Martínez.
Tanto Da agra aberta como o monográfico da Revista de Estudos Miñoranos poden solicitarse en oficina@minhor.org ou no teléfono 986 360 575 e serán enviados contra reembolso
Etiqueta:libros de Victoriano Taibo