Convocado o V Premio de Poesía Victoriano Taibo Entidade Local de Morgadáns 2012.
O Instituto de Estudos Miñoranos e a Entidade Local de Morgadáns convocan o V Premio de Poesía Victoriano Taibo – Entidade Local de Morgadáns. Está dotado con 3.000 €, unha peza escultórica do artista miñorán Fino Lorenzo e a publicación da obra premiada na colección Victoriano Taibo do IEM.
As catro edicións anteriores acadaron importantes éxitos de participación (arredor de 45 orixinais) e crítica. Os autores premiados ata o de agora foron Carlos Negro,por Cultivos transxénicos ; Mª Carmen Caramés por Cuarto Minguante e Elvira Riveiro e Silvia Penas por Biografía da Multitude ; Mª Goretti Fariña por Devastacións dispoñibles e Calros Solla por Holocausto zacoe.
As publicacións pódense mercar nas librarías ou contra reembolso en oficina@minhor.org
Pódense consultar as bases e o cartel.
Etiqueta:V Victoriano Taibo